Suche
Beiträge, die mit IrmandadesDoDado getaggt sind
👹 DÚAS TROLS NOS CASTROS 👹
Se estades buscando algo de #rol presencial ou un plan para o sábado 12 de abril, en Dúas Trols nos Castros xa están abertas as inscricións!
📜 AS PARTIDAS: asociaciondraco.com/gl/duas-tr…
✍️ INSCRIBIRSE AQUÍ (formulario de Google): forms.gle/nbg4wSuqe8Yjv7sf6
Esperámosvos!
PD. Difusión se agradece.
#lodelrol #ttrpg #IrmandadesDoDado #Coruna
Dúas Trols nos Castros - Inscrición para xogar
Este é o formulario para inscribirse no evento Dúas Trols nos Castros, que se celebrará o 12 de xullo de 2025, na Tobeira de Oza (rúa da Merced 24, A Coruña).Google Docs
Hoxe xoguei unha primeira sesión da partida de #rol «Marexada no Bosque Profundo», de @undeadmole.bsky.social, en #IrmandadesDoDado.
Nesta aventura, obra do máster e dirixida con Cairn 2ª edición, interpreto a Brun do Brañal, unha tosca arqueira que, canda o seu curmán Brook (un habitante dos ríos coñecedor de cancións) e Ruzdán, o orífice anano e socio de ambos, vai na procura da espada máxica Namiken, unha reliquia con poder sobre os mares.