Hoxe xoguei unha primeira sesión da partida de #rol «Marexada no Bosque Profundo», de @undeadmole.bsky.social, en #IrmandadesDoDado.
Nesta aventura, obra do máster e dirixida con Cairn 2ª edición, interpreto a Brun do Brañal, unha tosca arqueira que, canda o seu curmán Brook (un habitante dos ríos coñecedor de cancións) e Ruzdán, o orífice anano e socio de ambos, vai na procura da espada máxica Namiken, unha reliquia con poder sobre os mares.
Dieser Beitrag wurde bearbeitet. (1 Monat her)