Zum Inhalt der Seite gehen


Chegou o dia, galegos e galegas. Chegou o dia da minha volta para #Galiza!

Infelizmente é somente uma viagem por uns dias. A melhor parte é que volto a Compostela depois de vários anos sem pisar ali e vou poder descobrir-lha ao meu moço.

Um dos motivos polos que nom fui a Compostela nestes anos foi porque sei que nom vou gostar do que verei. Uma cidade aos pés do turismo mais molesto e "parque de atraçons"...

De facto, estivem olhando os bares e restaurantes aos que costumava ir e moitos pecharam o mudaram de donos...

Eis a minha pergunta: bares e restaurantes ainda recomendáveis? Mesmo que nom estejam na zona velha, que com certeça será a mais turistificada.

Obrigado! Agradeço impolsos 🔁 tamém

#Galiza #Santiago #SantiagoDeCompostela #Compostela

Dieser Beitrag wurde bearbeitet. (2 Wochen her)

Pacogens hat dies geteilt.

Als Antwort auf Riquiñez

ola! o gato negro segue alí tal cal e, coma sempre, custa atopar mesa. o maría castaña tamén, e é máis amistoso con locais que con foránees. hai sitios novos de cociña máis elaborada que tamén molan (romero, a maceta, o curro da parra, por exemplo). e canto a cafés, o venecia, o muelle... e outros novos que o fan rico. adelia vaiche gustar. digo... pero vai en gustos.
Als Antwort auf o eduardo estévez

@o_estevez Aiii, moitas graças polas recomendaçons!

Alguns já os conhecia, mas é que nom sei nem quais seguem 😅

A propósito, lembro que hai anos quando eu vivia ali havia todas as quartas foliada na casa das crechas. Seguem? Gostaria tanto que o meu moço visse uma cousa tam abraiante como essa 🤔

Als Antwort auf Riquiñez

@o_estevez vai ą gentalha do pichel, creo que ten foliada todolos venres, pero podes mirar na páxina tamen fan concertos nos findes
Als Antwort auf Riquiñez

Tamén hai foliadas as cuartas na rúa de San Pedro, enfocado máis na xente local e menos nos turistas.

instagram.com/foliadasda8m?igs…

Als Antwort auf Anxo Tato Arias

@eupiper Boíssima iniciativa! Mágoa que estaremos de sexta a quarta, nom vamos poder ir...

O meu moço é guiri, mas queria impor-lhe o galego, baile incluído haha

Als Antwort auf Riquiñez

@nekerafa Maceta, Pampín, O dezaseis, Tasquiña… en xeral a Rúa de San Pedro resístese á invasión, destes o 16 é o máis invadido.

Diese Webseite verwendet Cookies. Durch die weitere Benutzung der Webseite stimmst du dieser Verwendung zu. https://inne.city/tos