Zum Inhalt der Seite gehen


1/x Vou a falar unha vez máis de #Mastodon e do que está acontecendo con #twitter e #bluesky

Non dende un punto de vista técnico senón persoal.

Lin esta mañá un fío moi interesante que publicou @coegho comparando Mastodon e BlueSky e quedeime todo pillado porque...

Porque teño que recoñecer (sen vergonza ningunha) que estou completamente pillado/namorado de Mastodon. Sinto esa ilusión das primeiras semanas de relación. Sabedes? Teño elefantiños facéndome cóxegas no estómago.

Als Antwort auf Fran Leiro :flag_estreleira:

2/x E decateime de que estou namorado de esta rede precisamente ao leer o fio de @coegho, porque a miña primeira reacción foi o rexeitamento, o enfado, porque o meu xuizo (cego de amor) non aceptaba as críticas que facía de Mastodon, e ese xuizo final seu de que non debería ter existido!!

Pero teño que recoñecer que o seu análise é certeiro. As diferencias tecnicas entre Mastodon e BlueSky son as que son.

Dieser Beitrag wurde bearbeitet. (5 Tage her)
Als Antwort auf Fran Leiro :flag_estreleira:

3/x BlueSky é unha versión pseudodescentralizada de Twitter que che permite unha visión global do que se fala nesa rede a nivel mundial. Se lle das a buscar #cafe sairanche resultados de todas as partes do mundo.

E Mastodon... gústame máis a comparación que fai coas aldeas galas que a que fai cos antigos foros. Non é coma un foro, é como un bar, como o era Twitter, pero de aldea, certo.

Mastodon son como milleiros de aldeas galas donde podes escoitar todo o que din os teus veciños e veciñas.

#cafe
Dieser Beitrag wurde bearbeitet. (5 Tage her)
Als Antwort auf Fran Leiro :flag_estreleira:

4/x se en Mastodon buscas #cafe so vas a topar o que os teus veciños estén a dicir sobre o café.

Pero non son aldeas completamente illadas.

Con Mastodon non podes buscar temas de conversa con alcance global. Nos resultados non van a sair todas as conversas sobre ese tema nas outras aldeas, certo, pero podes seguir a xente que che pareza interesante de calquera outra aldea.

#cafe
Als Antwort auf Fran Leiro :flag_estreleira:

Si, tal vez expreseime dunha forma algo dura no fío, pero precisamente o que quería dicir era que ningunha das dúas redes é "mellor" que a outra en termos absolutos: simplemente funcionan de forma distinta. Alégrame ver que coincidimos.
Penso que Mastodon debería aproveitar as súas fortalezas en vez de intentar competir para ser o "Twitter Killer", porque nese aspecto non pode competir con Bluesky, pero si que pode ofrecer unha experiencia distinta
Als Antwort auf O Coegho :flag_estreleira: ꩜

completamente dacordo, igual que con Galiza mesma, Mastodon non ten que poñerse fronte a ningún espello para tentar compararse con ninguén, é algo completamente diferente e hai que estar orgulloso de esas diferenzas que fan a Mastodon unha cousa distinta.

Diese Webseite verwendet Cookies. Durch die weitere Benutzung der Webseite stimmst du dieser Verwendung zu. https://inne.city/tos