Para toda a xente nova que está entrando no Fediverso eu só teño un consello universal, algo que nos ensinaron de pequenos aos do Xabarín Club a través da figura de Carmiña Vacaloura:
Non deixedes que ninguén veña xulgar a vosa vida e aficións, nin a soltarvos a turra mítica porque non lle gustan os vosos toots. Silenciade sen medo a xente plasta e lembrade: do que non se pode falar, o mellor é sempre calar