-- Anzeige/Ad --
1/x Vou a falar unha vez máis de #Mastodon e do que está acontecendo con #twitter e #bluesky
Non dende un punto de vista técnico senón persoal.
Lin esta mañá un fío moi interesante que publicou @coegho comparando Mastodon e BlueSky e quedeime todo pillado porque...
Porque teño que recoñecer (sen vergonza ningunha) que estou completamente pillado/namorado de Mastodon. Sinto esa ilusión das primeiras semanas de relación. Sabedes? Teño elefantiños facéndome cóxegas no estómago.
Fran Leiro :flag_estreleira:
Als Antwort auf Fran Leiro :flag_estreleira: • • •2/x E decateime de que estou namorado de esta rede precisamente ao leer o fio de @coegho, porque a miña primeira reacción foi o rexeitamento, o enfado, porque o meu xuizo (cego de amor) non aceptaba as críticas que facía de Mastodon, e ese xuizo final seu de que non debería ter existido!!
Pero teño que recoñecer que o seu análise é certeiro. As diferencias tecnicas entre Mastodon e BlueSky son as que son.
Fran Leiro :flag_estreleira:
Als Antwort auf Fran Leiro :flag_estreleira: • • •3/x BlueSky é unha versión pseudodescentralizada de Twitter que che permite unha visión global do que se fala nesa rede a nivel mundial. Se lle das a buscar #cafe sairanche resultados de todas as partes do mundo.
E Mastodon... gústame máis a comparación que fai coas aldeas galas que a que fai cos antigos foros. Non é coma un foro, é como un bar, como o era Twitter, pero de aldea, certo.
Mastodon son como milleiros de aldeas galas donde podes escoitar todo o que din os teus veciños e veciñas.
Fran Leiro :flag_estreleira:
Als Antwort auf Fran Leiro :flag_estreleira: • • •4/x se en Mastodon buscas #cafe so vas a topar o que os teus veciños estén a dicir sobre o café.
Pero non son aldeas completamente illadas.
Con Mastodon non podes buscar temas de conversa con alcance global. Nos resultados non van a sair todas as conversas sobre ese tema nas outras aldeas, certo, pero podes seguir a xente que che pareza interesante de calquera outra aldea.
O Coegho :flag_estreleira: ꩜
Als Antwort auf Fran Leiro :flag_estreleira: • • •Penso que Mastodon debería aproveitar as súas fortalezas en vez de intentar competir para ser o "Twitter Killer", porque nese aspecto non pode competir con Bluesky, pero si que pode ofrecer unha experiencia distinta
Fran Leiro :flag_estreleira:
Als Antwort auf O Coegho :flag_estreleira: ꩜ • • •